xoves, 10 de abril de 2014
EN GALEGO MOLA!
Durante estes días estamos gravando no colexio curtas para promover o uso do galego na escola. Neste mural recollemos algunhas das ideas que xurdiron na nosa aula.
luns, 24 de marzo de 2014
Durante estas semanas estamos a traballar a poesía na aula a partires dun libro de Fran Alonso, "O meu gato é un poeta". Ademais de gozar coas súas creacións, agardamos entusiastas a súa visita este mércores. Neste vídeo podemos ver unha das delicias que recolle este libro xoguetón.
FAME DE GATO on PhotoPeach
martes, 11 de marzo de 2014
EDUCACIÓN E TECNOLOXÍA
A competencia dixital é algo máis que facer co ordenador diferentes exercicios propostos nunha clase. Trátase de ser quen de usar os recursos dixitais para informarse e tamén para crear mensaxes propias e expresarse, compartindo cos demais os resultados. Isto supón non só usar distintos aparellos tecnolóxicos, senón tamén manexar os diferentes códigos e rexistros propios destes aparellos.
Agora ben, é preciso ter en conta que os profesores de hoxe en día non nacemos na era dixital, polo que estas ferramentas non son para nós tan naturais como para os nosos alumnos, os que as usan de forma habitual dende ben pequeniños. Habitualmente, os rapaces xa teñen coñecementos tecnolóxicos cando chegan á escola e non podemos negar que as novas tecnoloxías teñen un gran poder de motivación para o alumnado. A labor docente ha de ir encamiña a que adquiran unha actitude crítica ante tales ferramentas.

Tamén é certo que para traballar a competencia dixital nas aulas é preciso que os centros conten cos recursos necesarios para tal fin. Estou a falar tanto de medios físicos (“cacharros” como lles chama Jordi Adell) como dunha necesaria maior preparación por parte do profesorado.
luns, 10 de marzo de 2014
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)

